Xogos con percusión

Xogando coa percusión

A música como instrumento de recoñecemento persoal e enriquecedor das nosas facultades .

Practicaremos dinámicas percusivas  con múltiples instrumentos que desarrollen a nosa creatividade.

Faremos xogos rítmicos, xogos de voz  e movemento,  xogos de ambientes e xogos de cores e conceptos. Adaptaremos as actividades ao nivel que cada persoa precise  e decida. Non existen esixencias, a liberdade e o nivel de participación decídeo cada un.

O obradoiro procura fomentar o desenvolvemento rítmico e  sonoro tanto a nivel creativo como de execución . Traballaremos com instrumentos e con elementos alleos e tamén  coa voz e o corpo como vehículo de creación . A práctica e combinación de diferentes técnicas e dinámicas seleccionadas móstranos coma un espello as nosas características persoais e facilita o noso recoñecemento  emocional para  finalmente enriquecer o noso sentido creativo e estético. Cada un de nós é único e especial.

Aprender xogando, disfrutar tocando.

Xurxo Troncoso.