Roteiro de plantas silvestres

O obxectivo deste roteiro é poñer en valor as plantas silvestres que nos rodean, aprendendo a identificalas e a usalas, tanto para comer como para facer cosméticos ou menciñas, dándolle especial importancia á recolleita respectuosa. As plantas que pisamos posúen infinidade de cualidades que descoñecemos. Vin pisar plantas unha vez tras outra que as miñas alumnas tratan como tesouros e rinse de como as pisaban antes. Por iso, ao rematar este roteiro, veredes o verde doutro xeito, veredes plantas con nomes e apelidos e coas súas diversas propiedades, e comezaredes a pisalas doutra maneira e, como non, respectando moito máis o que pisades.

Patri Puga, nacín en Vigo, urbanista total, pero a paixón pola natureza atraime tanto que vou fuxindo ata lograr vivir de cheo no rural. Arestora, mesturo unha vida sinxela de autosuficiencia no campo cos cursos e obradoiros que imparto en distintos lugares e con persoas de moi diferentes idades. Cursos de plantas silvestres comestibles e medicinais, de cosmética natural, xogo libre na natureza, charlas, roteiros… É tamén coordino a horta silvestre ecolóxica nun colexio de Nigrán dende hai nove anos. Traballei en asociacións, colexios, universidades, campamentos, granxas… Para calquera consulta, podedes contactarme no Facebook de Puga Bosque ou a través do mail pugapatri@gmail.com.