Quienes somos
Equipo Humano
Patricia Álvarez Loureiro
Naceu en Vigo en 1981. Coordinadora da Finca Da Seara e membro da Fundación Eomaia. Diplomada en Fisioterapia (A Coruña 2002-2005), osteópata sacro-craneal e biodinámica. Formada en medicina chinesa e terapia Gestalt. Na actualidade, explora posturoloxía e coherencia cardíaca con cabalos.
Acompañante de procesos femininos e das diferentes etapas da vida: nacemento, infancia… cara a procura da Saúde.
Equipo Equino
Blackbird
Nacida en 1990. É a avoa da Seara. De tamaño pequeno, parece case unha poldra, pero ten un gran corazón. É moi doce, sempre aprecia uns bos mimos e un cepillado, e agradece moito os coidados que le ofrecemos. A pesares da fraxilidade que comeza a manifestar o seu corpo por mor da edade, sempre ten bo ánimo para recibir visitas e achegarse curiosa a coñecer novos humanos. Sempre a verás perto de Rubia, da que é inseparable.
Rubia
Nacida en 1992. É unha egua máis solitaria, non busca tanto estar rodeada doutros cabalos tanto como busca comida! Unha auténtica fan dos pastos verdes, os brotes tenros de toxo e as follas de silva. Cabalo de monte galego, foi tratada de besta e a piques estivo de ser enviada ao matadoiro, pero para sorte dela e nosa, poido esquivar ese destino fatal e ter unha xubilación digna nun espazo fermoso.
Hena
Naceu en 1997.
Nai de Diamante e Estrela. E nai adoptiva de Aire. Ten un carácter dócil, é moi intelixente e unha gran nai.
Anteriormente era a egua guía da manada, cargo que pasou a ser de Estrela.
Está en fase de recuperación dunha enfermidade da carracha, pero coa súa actitude forte e loitadora logrará poñerse ben.
Furia
Nacida en 2010. É tranquila, sociable e moi mimosa. Gústalle disfrutar da compañía das súas irmás adoptivas da Seara, en especial de Aire. É moi sensitiva, e aínda que ás veces pode ser un pouco teimuda, sempre acude a ofrecer cariño a aqueles que máis o precisan.
Procede dun mundo moi distinto, no que coñeceu a violencia e a crueldade do humano, pero dende que se trasladou á finca pode ser una egua feliz!
Estrella
Naceu no 2013 na finca de A Seara. Irmá de Diamante por parte de nai (Hena).
É a egua guía da manada. Que quere dicir egua guía? É a encargada de dar o primeiro sinal de alerta en caso de perigo e guiar ao resto da manada. Por iso, sempre está atenta á posición de cada membro da manada e a cada ruído, movemento ou enerxía que poida ser perigoso.
É moi perceptiva, sensible ao estado de ánimo de cada persoa ou animal. Gústalle manterse nos seus trece. Hai que usar moito a imaxinación cando non quere facer algo para captar a súa atención.
Aire
Naceu no 2015 na finca A Seara. Irmá de Diamante por parte de pai e a súa mamá é Deli, que nestes momentos non se atopa na finca.
É unha egua acaparadora de mimos e de chucherías (as mazás encántanlle). Gústalle moito estar en compañia das súas irmás e xogar con Diamante.
É moi pacífica e vagarosa. Encántalle ir explorar o monte na procura das mellores zonas para comer. Non lle gusta nada que lle poñas a cabezada e a fagas mover, prefire tomar as súas propias decisións e ao seu ritmo.
Diamante
Naceu en 2015 na finca de A Seara. Irmá de Aire por parte de pai e filla de Hena.
É unha egua moi curiosa e traste. Hai que ter coidado de deixar algún obxecto ao seu alcance se non queres quedar sen el. É un pouco asustadiza ás veces. Aprende moi rápido e é moi divertido estar con ela. Moi boa compañeira e gústalle moito estar rodeada da súa familia.