Presentación

Espazo de lecer e saúde na natureza

 

Finca A Seara débelle o seu nome a toponimia do lugar, campos traballados entre os veciños, este sentido de traballo en comunidade é a esencia deste proxecto, cada membro do equipo é unha peza imprescindible para que poidamos levalo adiante.
A chegada das eguas as nosas vidas levounos a buscar o espacio máis adecuado para a súa saúde. Esta contorna, antiguamente adicada a prantación de centeo e millo pola veciñanza, ficou esquecida coa emigración do rural, dando paso o longo dos anos a bosques de carballeiras e prados, que pouco a pouco, fomos recuperando habilitándoo para pasto, dándolle unha nova vida a esta paraxe singular.
O trato diario cos cabalos levounos a experimentar e descubrir todo o potencial terapeútico e de lecer que tíñamos diante. Xunto a restauración e revalorización do entorno, algo fundamental é o bienestar animal, o trato repetuoso baseado na fisioloxía dos equinos é un dos pilares fundamentais deste proxecto e do resto de actividades que derivan da relación cos cabalos.
Nesta combinación de equinos e natureza ofertamos unha variedade de propostas e actividades de lecer e terapeúticas para todo tipo de públicos.