Pintura na natureza

A pintura na natureza sitúanos no dentro e o fóra que se comunican a través da nosa mirada atenta, o noso corazón receptivo e as nosas mans que expresan.

A experiencia da creación é única. O tempo en que a atención está posta no triángulo mans, corazón e sentidos, é o que fai que a mente experimente, se faga receptiva ao que a expresión artística proporciona. O proceso persoal, o que transitamos neste momento, nesta respiración, recibe un impulso co beneficio da cor e as formas, da luz e o movemento, reflexado no papel ou na experiencia do volume.

A experiencia está aberta a todos/as, sen que sexa condición un don innato para a pintura ou o modelado. Todos/as o podemos facer.

Os materiais que imos utilizar son as acuarelas, o pastel e o carbonciño, así como o barro no caso do modelado, tendo en conta a cada persoa, grupo ou familia de xeito particular.

Xustificación

A atención á saúde, tanto física como psicolóxica, require desta proposta que pon ao alcance das mans a práctica da expresión artística como medio de recoñecemento e reflexión.
O tempo que a persoa lle dedica a si mesma proporciona beneficios emocionais e acougo mental.

Obxectivos

  • Favorece a atención e a concentración por medio do uso dos materiais e as cores.
  • Entretemento.
  • Autoestima.
  • Xerar colaboración, comunicación e diálogo.
  • Posibilidade de comunicar vivencias propias.
  • Xerar benestar e pracer nas tarefas propostas.