Osteopatía biodinámica
En cada un de nos existe a frecuencia do ritmo da vida, está presente as 24 horas do día pero por circunstancias nos desintonizamos deste ritmo: traumas físicos, emocionais, diferentes experiencias polas que pasamos, fan que nos distanciemos deste pulso vital. Este potencial está sempre á nosa disposición, inda que o ceo estea cuberto polas nubes o sol sempre está brilla a pesar que non o vexamos; o mesmo ocorre no noso sistema, o potencial de saúde está actuando continuamente aínda que presentemos algunha problemática.
Por medio da interacción terapeuta-paciente buscamos sintonizar de novo con esta frecuencia da saúde e todo o seu potencial. Este fluxo enerxético aparece de forma espontánea durante a sesión, pódese percibir como unha sensación de harmonía, momento de profunda conexión…, onde as portas da saúde están plenamente dispoñibles para que o corpo contacte coa sabedoría innata e sintonice co potencial de vida abarcando ao ser por completo, no plano físico, emocional e mental.
O terapeuta está nunha actitude aberta e de presenza auténtica, a través do tacto escoita plenamente ao ser e as súas necesidades sen xuízos. O corpo ao sentirse escoitado deste xeito é capaz de sincronizarse por si mesmo no seu proceso de saúde, as distorsiones que se manifestan por medio da enfermidade vense bañadas por este fluxo de vida.
A sesión discorre nunha contorna segura e confortable, temos ademais a oportunidade de facela ó aire libre, rodeados pola acolledora natureza do lugar.
Terá unha duración aproximada de 45 minutos, as horas seguintes tras a sesión é recomendable non facer grandes esforzos, dispoñer de tempo para descansar, así apoiaremos a estas forzas innatas do organismo para que sigan exercendo todo o seu potencial curativo.
Custo sesión 40€