Interacción con cabalos
A interacción cos cabalos na súa contorna natural, proporciónanos unha oportunidade excepcional de acadar novas formas de recoñecer e aprender recursos para levar á nosa vida diaria.
Para relacionarnos entre humanos valémonos da razón, a intelixencia, a aparencia, a palabra; cos cabalos isto non nos serve. É a nosa esencia a que catan, a nosa actitude diante deles; acompañarannos pola autenticidade que mostremos, pola nosa naturalidade e respecto. Eles baséanse na linguaxe non verbal captando as nosas emocións. Os cabalos, desde a súa sensibilidade e presenza incondicional, acompáñannos sen xuízo. Fan de espello, perciben os nosos sentimentos e reaccionan en relación a iso, polo que supoñen unha gran axuda para entrar en contacto co noso interior.
Esta experiencia facilita a conexión co noso corpo sendo conscientes doutra comunicación, aprender a ver, escoitar e sentir (empatía); axudándonos a estar presentes, sen etiquetas, aceptándonos como somos e permitíndonos desenvolver a nosa intelixencia emocional
Contido da proposta:
- Coñecer cómo son e conviven as eguas.
- Comprender as súas necesidades. Lenguaje equino.
- Precaucións e seguridade.
- Cómo comunicarnos e comportarnos.
- Primeiros contactos: cepillado.
- Observación da manada.
- Actividades pé a terra: levar polo ramal. Paseando pola finca.
- Si elas o permiten, subirnos e seguir conectando.
- Volta de novo os pastos. Explorando o entorno.
Aportación: 15€/h
Opcións para familias e grupos, consúltanos tarifas.
Descubre un novo xeito de relacionarte cos cabalos, abrindo os sentidos e desfrutando da experiencia a través da empatía e conexión.