Colabora
Cómo podo colaborar coa Finca A Seara?
Todas as doazóns recibidas van destinadas a cubrir os gastos de alimentación, veterinario, podólogo e mantemento básico da Finca A Seara para garantir o benestar das eguas que habitan nela.
A túa aportación ecónómica pode ser de xeito puntual a través de unha doazón ou de xeito regular apadriñando
Doazóns
Podes facer una doazón económica da cantidade que ti elixas. Podes facelo a través da conta bancaria de:
Eomaia ES65 2080 5056 1330 4005 2839 ou a través de PayPal facendo click aquí.
Tamén podes doar material, tanto ramáis, cabezadas, máscaras antimoscas, alpacas de feno…
Apa/amadriñamento
Podes elexir apa/amadriñar a unha egua da Seara. Escolle a que máis che apeteza, e por 45 €/ano recibirás un diploma de padriño/madriña e terás unha sesión gratis de interacción coas eguas, se queres tamen ser socio de Eomaia serán 80€/ano
Voluntariado
Se dispós de tempo e queres aportar o teu gran de area, aquí podes solicitar a praza como persoa voluntaria (cubrir e enviar por e-mail a fincaaseara@gmail.com)