
O curso de Agricultura é unha volta ás orixes para aprender da terra, observar as súas necesidades e a partir disto identificar o tipo de cultivo que se pode dar no lugar. Aprenderás tamén a identificar plantas silvestres na contorna. E poderás resover as túas inquedanzas respecto á terra. En simultáneo, ofrecemos tamén unha xornada con obradoiros para a infancia: taller de horta, expresión musical, aikido, arte na natureza e moitos xogos ao aire libre. Convidámosche a compartir connosco na máxica e natural finca A Seara.
INFORMACIÓN:
Ao tratarse dunha xornada de 11:00 a19:00h, as persoas asistentes (adultos e nenas/os), deberán traerse unha mochila con auga, comida, froitos secos e algunhas froitas. Necesítanse moitas ganas de pasalo ben e aprender dunha xornada ao aire libre nunha contorna natural excepcional.
11:00h Encontro na finca e presentación. Comezo do curso e talleres infantís.
12:30h Pausa
14:30h Comida
16:00h Retomamos actividades: curso e talleres infantís
17:00h Merenda
19:00h Peche e despedida
Prezo: 60€ curso de Agricultura
50€ Xornada infantil
Consultar descontos:
-Por familias
– Se traes a unha persoa máis ao curso
Info e reserva: 663332116 / Julieta// alalacoop@gmail.com