Información:

Comezamos unha andaina na que queremos abrir as portas do espazo da Seara ao encontro, a diversión no lecer e ao tempo libre, na primeira convocatoria de campamentos para nen@ s entre 6 e 12 anos.

Este é un campamento infantil feito na natureza,  nun espazo fermosísimo, deseñado para desfrutar. O lúdico será o condutor da metodoloxía do campamento, tanto nos obradoiros como no xogo libre.

Dedicaremos esta convocatoria aos sentidos.
Haberá auga, barro, cordas para escalar, pintura, búsqueda de tesouros, lecer libre e moitas cousas máis.

A arte está sempre presente.

E como non, as eguas, auténticas anfitrioas da Finca.

As datas do campamento son as dúas últimas semanas de xullo.

1ª semana do 19 ao 23 de xullo

2ª semana do 26 ao 30 de xullo.

O horario será de 10.00 a 14.00.

A comida non se inclúe pero si a posibilidade de que os/as asistentes traian o seu xantar e coman alí, podendo alongarse a estancia nas instalacións ata as 15.00 horas.

A inscrición previa estará aberta ata cubrir as prazas, sendo necesario facer un depósito do 50% do prezo total para confirmar a reserva da mesma.

Prezo por día 20€

Prezo unha semana 90€

Prezo as dúas semanas 170€

Hermanos: 2º 25% desconto, 3º gratuito

Información nos teléfonos: 605 41 31 19 / 660 51 96 55 / 658 79 94 70

www.fundacioneomaia.org

fundacioneomaia@gmail.com