Finca A Seara débelle o seu nome a toponimia do lugar, campos traballados entre os veciños, este sentido de traballo en comunidade é a esencia deste proxecto, cada membro do equipo é unha peza imprescindible para que poidamos levalo adiante.
A chegada das eguas as nosas vidas levounos a buscar o espacio máis adecuado para a súa saúde. Esta contorna, antiguamente adicada a prantación de centeo e millo pola veciñanza, ficou esquecida coa emigración do rural, dando paso o longo dos anos a bosques de carballeiras e prados, que pouco a pouco, fomos recuperando habilitándoo para pasto, dándolle unha nova vida a esta paraxe singular.
O trato diario cos cabalos levounos a experimentar e descubrir todo o potencial terapeútico e de lecer que tíñamos diante. Xunto a restauración e revalorización do entorno, algo fundamental é o bienestar animal, o trato repetuoso baseado na fisioloxía dos equinos é un dos pilares fundamentais deste proxecto e do resto de actividades que derivan da relación cos cabalos.
Nesta combinación de equinos e natureza ofertamos unha variedade de propostas e actividades de lecer e terapeúticas para todo tipo de públicos.
Actividades
Interacción con cabalos
Descubre un novo xeito de relacionarte cos cabalos, abrindo os sentidos e desfrutando da experiencia a través da empatía e conexión...
Baños de bosque
Experiencia sensorial que nos permite conectar coa contorna e connosco mesmos mentres observamos o que nos rodea, gozamos do silencio e dos sons naturais...
Osteopatía Biodinámica
Sintonizar de novo con a frecuencia da saúde e todo o seu potencial, sensación de harmonía, momento de profunda conexión…
Xogos con percusión
Xogos rítmicos, de voz e movemento, xogos de ambientes, de cores e conceptos. dinámicas percusivas con múltiples instrumentos que desarrollen a nosa creatividade...
Pintura na natureza
Experiencia da creación é única. No dentro e o fóra que se comunican a través da nosa mirada atenta, o noso corazón receptivo e as nosas mans que expresan...